miércoles, 6 de mayo de 2009

DIA INTERNACIONAL DA MULLER

O día da muller traballadora empezouse a celebrar no ano 1975 instituído polas Nacións Unidas.En España comezouse a celebrar no ano 1977.

  • O 8 de Marzo de 1908 as mulleres dunha fábrica téxtil de Nova York encérranse para reivindicarse, pero nesta fábrica produciuse un fatal incendio e morreron todas.

  • Outro punto a destacar produciuse en 1910 na II Conferencia internacional de Mulleres Socialistas celebrada en Copenaghue onde se propuxo a celebración do dia da muller traballadora para reivindicar o sufraxio femenino.
Diferenza entre machismo e feminismo/sexo e xénero


Machismo:
Actitude e comportamento das persoas que consideran ó home superior á muller.

Feminismo: Doutrina e movemento que defende a igualdade social, xurídica... entre o home e a muller.

Sexo: Conxunto de características que distinguen un individuo macho dun individuo femia e que permiten facer unha clasificación xeral dos seres humanos e dos animais en dúas categorías: sexo masculino e sexo feminino.

Xénero: Conxunto de valores e sentimentos asignados a unha persoa polo feito de nacer dun sexo ou doutro.

No hay comentarios: