miércoles, 10 de junio de 2009

17 de maio: Día das Letras Galegas


O día das Letras Galegas é unha celebración instituída en 1963 pola Real Academia Galega para homenaxear a persoas que destaquen pola sua creación literaria en galego e pola súa defensa de dita lingua.

O día de celebración deste evento é o 17 de maio, debido a que tal día coma ése, publicouse na Habana o primeiro exemplar da obra Cantares Gallegos de Rosalía de Castro.

Este ano, o día das Letras Galegas está adicado a Ramón Piñeiro.

Ramón Piñeiro naceu en Láncara-Lugo no ano 1915 e faleceu en 1990 na comunidade da Coruña, en Santiago de Compostela.

Foi un intelectual e político que desenrolou a súa actividade en Galicia.Trátase dunha das figuras históricas do Galeguismo no século XX.

Políticamente, ademais de formar as Mocidades Galeguistas, foi membro do Partido Galeguista (PG).

Como intelectual, fundou a editorial Galaxia e a revista Grial.

No hay comentarios: