Xabier Cid:
''O galego que aprendín na escola fixo que eu fose bilingüe dende a infancia. Iso axudoume a entender e aprender outras linguas con maior rapidez, e a interiorizar argumentos gramaticais de forma máis sinxela.
Xa de maior, grazas ao galego conseguín un posto de traballo dando clase nunha universidade escocesa, e un dos meus alumnos, grazas ao galego, conseguiu traballo nun hotel portugués.''
2. A capacidade de falar galego fixo posible que nos comunicáramos con cidadáns de Portugal e Brasil (entre outras nacións posibles, que xuntas suman unha poboación de arredor de 200 millóns de persoas).
Lucia Pérez de Oliveira, profesora:
''Totalmente de acordo. Eu téñome beneficiado moitas veces tanto laboralmente, como na miña vida social en Londres, no trato con portugueses, brasileños, angoleños, etc.
Agora que estou aprendendo francés, resúltame moito máis doado que á outra xente do meu curso, polo feito de falar castelán e galego.''3. No estranxeiro, o feito de falar galego e polo tanto comprender o portugués deunos unha vantaxe competitiva frente a outros traballadores, xa que a nivel internacional o coñecemento de idiomas sempre é un bonus, sexa a industria que sexa.
Jorge Lariño Mayo Ex-mergullador profesional:
"O galego serveume con 18 anos cando fun a suiza a buscar traballo, o galego abreume as portas en algunhas empresas, ( bastante mellor que o castelán) axudoume a comer ( non entendía a carta, pero a camareira era portuguesa) dous anos mais tarde axudoume a encontrar donde durmir en Xinebra ( a recepcionista sendo alemana entendia o galego, era unha amante de Rosalía de Castro), serveume para aprender alemán, francés, italiano e catalán. Serveume en Jamaica, en Miami, onde por certo falar español supuxome un grave problema e case perdo o avión ( por ser latino que no son benvidos, o final tiven que falar alemán para que me atenderan axeitadamente). En galicia o galego serveume para que me insultaran en CORUÑA e FERROL por ser galegofalante ( ano 2003 e 2004)."
No hay comentarios:
Publicar un comentario