miércoles, 10 de junio de 2009

17 de maio: Día das Letras Galegas


O día das Letras Galegas é unha celebración instituída en 1963 pola Real Academia Galega para homenaxear a persoas que destaquen pola sua creación literaria en galego e pola súa defensa de dita lingua.

O día de celebración deste evento é o 17 de maio, debido a que tal día coma ése, publicouse na Habana o primeiro exemplar da obra Cantares Gallegos de Rosalía de Castro.

Este ano, o día das Letras Galegas está adicado a Ramón Piñeiro.

Ramón Piñeiro naceu en Láncara-Lugo no ano 1915 e faleceu en 1990 na comunidade da Coruña, en Santiago de Compostela.

Foi un intelectual e político que desenrolou a súa actividade en Galicia.Trátase dunha das figuras históricas do Galeguismo no século XX.

Políticamente, ademais de formar as Mocidades Galeguistas, foi membro do Partido Galeguista (PG).

Como intelectual, fundou a editorial Galaxia e a revista Grial.

O GALEGO É ÚTIL

1. O galego facilitounos a aprendizaxe doutros idiomas: fíxonos máis sinxela a comprensión oral e escrita doutras línguas, axudounos a identificar e pronunciar noutros idiomas sons que non existen en castelán e facilitounos a aprendizaxe de novas estruturas gramaticáis.


Xabier Cid:

''O galego que aprendín na escola fixo que eu fose bilingüe dende a infancia. Iso axudoume a entender e aprender outras linguas con maior rapidez, e a interiorizar argumentos gramaticais de forma máis sinxela.

Xa de maior, grazas ao galego conseguín un posto de traballo dando clase nunha universidade escocesa, e un dos meus alumnos, grazas ao galego, conseguiu traballo nun hotel portugués.''



2. A capacidade de falar galego fixo posible que nos comunicáramos con cidadáns de Portugal e Brasil (entre outras nacións posibles, que xuntas suman unha poboación de arredor de 200 millóns de persoas).


Lucia Pérez de Oliveira, profesora:

''Totalmente de acordo. Eu téñome beneficiado moitas veces tanto laboralmente, como na miña vida social en Londres, no trato con portugueses, brasileños, angoleños, etc.

Agora que estou aprendendo francés, resúltame moito máis doado que á outra xente do meu curso, polo feito de falar castelán e galego.''



3. No estranxeiro, o feito de falar galego e polo tanto comprender o portugués deunos unha vantaxe competitiva frente a outros traballadores, xa que a nivel internacional o coñecemento de idiomas sempre é un bonus, sexa a industria que sexa.



Jorge Lariño Mayo Ex-mergullador profesional:


"O galego serveume con 18 anos cando fun a suiza a buscar traballo, o galego abreume as portas en algunhas empresas, ( bastante mellor que o castelán) axudoume a comer ( non entendía a carta, pero a camareira era portuguesa) dous anos mais tarde axudoume a encontrar donde durmir en Xinebra ( a recepcionista sendo alemana entendia o galego, era unha amante de Rosalía de Castro), serveume para aprender alemán, francés, italiano e catalán. Serveume en Jamaica, en Miami, onde por certo falar español supuxome un grave problema e case perdo o avión ( por ser latino que no son benvidos, o final tiven que falar alemán para que me atenderan axeitadamente). En galicia o galego serveume para que me insultaran en CORUÑA e FERROL por ser galegofalante ( ano 2003 e 2004)."

miércoles, 3 de junio de 2009

miércoles, 6 de mayo de 2009

DIA INTERNACIONAL DA MULLER

O día da muller traballadora empezouse a celebrar no ano 1975 instituído polas Nacións Unidas.En España comezouse a celebrar no ano 1977.

  • O 8 de Marzo de 1908 as mulleres dunha fábrica téxtil de Nova York encérranse para reivindicarse, pero nesta fábrica produciuse un fatal incendio e morreron todas.

  • Outro punto a destacar produciuse en 1910 na II Conferencia internacional de Mulleres Socialistas celebrada en Copenaghue onde se propuxo a celebración do dia da muller traballadora para reivindicar o sufraxio femenino.
Diferenza entre machismo e feminismo/sexo e xénero


Machismo:
Actitude e comportamento das persoas que consideran ó home superior á muller.

Feminismo: Doutrina e movemento que defende a igualdade social, xurídica... entre o home e a muller.

Sexo: Conxunto de características que distinguen un individuo macho dun individuo femia e que permiten facer unha clasificación xeral dos seres humanos e dos animais en dúas categorías: sexo masculino e sexo feminino.

Xénero: Conxunto de valores e sentimentos asignados a unha persoa polo feito de nacer dun sexo ou doutro.

miércoles, 21 de enero de 2009

Cando eu nacín, o mundo xa era mundo


Orixe e significado do
meu nome

Nome: Noelia

Orixe: Francés

Significado: Forma francesa de Natividad (Nöel)

Festividade: 25 de Decembro

Curiosidades

Noelia en chino:

Noelia en tibetano:

Noelia en árabe:

نويليا

Acontecementos do dia do meu nacemento

NOTICIA - Detido en Francia Josu Mondragón, 'número dous' de ETA O Exército iugoslavo rompe co poder político federal

FOTONOTICIA - Prisioneiros políticos no pozo albanés

CRISE NOS BALCáNS - "Non hai risco de intervención militar" O Exército abandona os órganos federais iugoslavos e rompe co poder político

ACONTECEMENTOS DA MIÑA DECADA: OS 90

A década dos 90 comezou co colapso da Unión Soviética e o fin da Guerra Fría, sendo eses actos o principio da democracia, a globalizacion e o capitalismo global. Actos importantes para a década foron a Guerra do Golfo e a popularización doordeandor persoal e Internet.